CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos chegan a Valdeorras

Vilamartín era a primeira parada, con reparto de agasallos e lambetadas no Centro Sociocultural Santa Lucía

Un ano máis, os Reis Magos madrugaban en Vilamartín de Valdeorras, chegando ao Centro Sociocultural e Xuvenil Santa Lucía en torno ás once e media da mañá do martes 5 de xaneiro. Alí, as Súas Maxestades recibiron aos cativos do concello, entregando os agasallos aos gañadores do concurso de postais de Nadal e lambetadas a todos os asistentes que subiron ao escenario para saudalos.

Despois, mentres uns cativos xogaban cos globos feitos xoguetes (espadas, bonecos…) outros facíano co futbolín. Ao final, todos degustaron un chococolate con biscoitos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button