En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis chegan ao Barco en camión

Numerosas persoas agardaban xa na estación de autobuses do Barco a visita dos Reis Magos a vila nesta tarde de 5 de xaneiro. Unha chegada que se facía esperar cando menos unha hora, xa que as súas Maxestades chegaban arredor das seis da tarde, cando se esperaba que fose ás cinco.

Unha vez alí subían nas súas carrozas e iniciaban un percorrido pola vila ata a praza do Concello. As rúas enchíanse de nenos e de maiores para recibilos, malia ás baixas temperaturas desta xornada. Eran en torno ás sete e media da tarde cando a comitiva, precedida por media varias fadas, chegaba ao Concello, onde Melchor, Gaspar e Baltasar eran recibidas polo alcalde do Barco, Alfredo García, en medio dunha nevada sorpresa.

De seguido, dende o balcón do Concello Vello dirixíanse aos presentes. Primeiro o alcalde do Barco pedía perdón pola demora na chegada dos Reis e de seguido manifestáballes as súas peticións, entre elas, saúde e seguridade. Ademais recomendáballe aos nenos que se fosen cedo á cama que lle deixasen ás súas maxestades pan e viño de Valdeorras.

A continuación, en nome dos tres Reis, tomaba a palabra Melchor para saudar aos máis pequenos aos que lles contaba que noutras partes do mundo hai nenos da súa idade en situacións difíciles e tamén para darlles unha serie de recomendacións para esta noite.

No dispositivo da cabalgata participa a Policía Local, o GES Valdeorras e Protección Civil.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button