CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Os Reis Magos anuncian a súa inminente chegada a Viana cun vídeo

 

Cun vídeo cheo de maxia, ilusión e bos desexos para este recén estreado 2022, Melchor vén de anunciar a súa inminente chegada, xunto a Gaspar e Baltasar, a Viana do Bolo o vindeiro 5 de xaneiro. Nel tamén se recollen imaxes dos Magos de Oriente de anteriores visitas a vila e pasando por emblemáticos puntos da mesma como a rotonda do boteiro, a praza Maior, o Cabo da Vila ou o Castelo.

“Voltarán na noite de Reis, o vindeiro 5 de xaneiro , pero desta vez cheos de agasallos para os rapaces e rapazas de Viana”, din dende o Concello, “tamén traerán moitos desexos de saúde e felicidade para vianeses e vianesas”, engaden.

Vídeo: Concello de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button