En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos chegan a Rubiá cargados de agasallos para os cativos

Visitaban a residencia da terceira idade e despois asistían á recepción na Casa da Cultura

 

Cargadiños de agasallos chegaban os Reis Magos á Casa da Cultura de Rubiá na mañá deste domingo 5 de xaneiro.

Coma sempre, esta localidade valdeorresa foi unha das primeiras en recibir ás Súas Maxestades que en torno ás 11:30h. ían visitar aos anciáns da residencia da terceira idade, acompañados polos nenos e familiares. Este ano non foron no tren das festas como nos últimos anos, senón que o fixeron a pé, e xa de regreso na Casa da Cultura, un por un foron entregando os agasallos aos expectantes nenos que os desenvolvían con alegría e entusiasmo ao comprobar que era o xoguete que querían.

Despois de despedirse dos reis ata o vindeiro ano, algúns dos cativos estrearon xa os xoguetes, ao tempo que degustaban o tradicional Roscón de Reis.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo a segunda da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button