En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os Reis Magos chegan ao Barco en coches antigos descapotables

 

Dende a Casa da Cultura do Barco partían ás cinco desta tarde de 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente. Desta volta non realizaban a súa tradicional cabalgata en carrozas, por motivos de seguridade sanitaria, pero non renunciaban a percorrer a localidade, desta volta, en vehículos antigos descapotables, escoltados pola Policía Local. No seu traxecto saudarán e repartirán ilusión aos máis pequenos, pero tamén aos maiores.

A partir das seis da tarde terá lugar unha cabalgata estática na praza do Concello do Barco e gardando estritas medidas de seguridade.

Nun recinto, establecido na praza do Concello, situaranse as carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar. Para acceder a elas será necesario seguir un circuíto que comezará na praza do Príncipe, e no que se controlará, por parte da Policía Local e de Protección Civil, que se respecten as medidas sanitaras (distancia de seguridade, uso de mascarillas, etc.). O circuíto terá a súa saída, unha vez os nenos se encontren cos Reis, pola praza do Concello.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos da chegada dos Reis á praza do Concello do Barco:
https://osil.info/os-reis-magos-reparten-ilusion-entre-os-nenos-barquenses/

Artigos relacionados

Back to top button