ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos chegan en cabalos a Vilariño de Conso

Nenos e maiores de Vilariño de Conso agardaban ao redor das cinco da tarde no exterior do pavillón de deportes a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar. Viñan da cabalo e nada máis chegar saudaban e agasallaban aos máis pequenos. Ademais as súas maxestades de Oriente probaban o saboroso roscón de Reis.

De seguido, tiña lugar un concerto da Banda de gaitas do Concello de Vilariño de Conso e unha chocolatada acompañada de roscón de Reis para todos os asistentes. Asemade os cativos podían divertirse con diferentes xogos e cos inchables instalados no pavillón polideportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button