Na tarde deste martes 5 de xaneiro, tal como manda a tradición aínda que respectando as medidas anticovid, os Reis Magos de Oriente percorrían a vila lucense de Quiroga repartindo pola rúa caramelos aos cativos.
Melchor, Gaspar e Baltasar tamén saudaban aos residentes da Residencia da Terceira Idade e os usuarios do Centro de Día, pero antes, achegábanse ata o Concello para entregar os premios do Concurso de Postais de Nadal.
No Salón de Plenos, acompañados polo alcalde Julio Álvarez e polo concelleiro de Cultura José Luis Rivera, entre outros, as Súas Maxestades facían entrega dos galardóns aos cativos. Para o concurso establecéronse cinco categorías: 3-4 anos; 5-6 anos; 7-8 anos; 9-10 anos; e 11-12 anos.
Fotos: Carlos G. Hervella