ConcellosÚltima hora

Os Reis Magos pasaron por “Diverlandia”, en Barbadás

As súas maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar. // Foto: Cedida. 

Na tarde do 4 de xaneiro, o Polideportivo de Barbadás acollía o espazo para rapaces “Diverlandia”, un punto de encontro no que os máis pequenos puideron gozar dunha tarde de actividades e diversión.

Pero a sorpresa chegou cando as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, fixeron a súa aparición. Os máis cativos foron canda Melchor, Gaspar e Baltasar para trasladarlle todos os seus desexos e entregarlle as súas cartas.

Diverlandia, no Pavillón de Deportes de Barbadás. // Foto: Cedida. 

 

Artigos relacionados

Back to top button