ConcellosQuirogaÚltima hora

Os Reis Magos percorren Quiroga nuns orixinais vehículos

 

En torno ás seis da tarde e tras unha tirada de bombas de palenque, das inmediacións da Casa da Cultura saían os Reis Magos para recorrer a rúa Real de Quiroga nuns orixinais coches que os levaban pola vila quiroguesa.

A comitiva pasaba moi despazo para que todos os nenos que agardaban nas beirarrúas, gardando a distancia de seguridade na medida do posible, os poideran ver, acompañados de tres paxes, un por cada rei, que provistos de guantes e utilizando continuamente xel desinfectante, entregaban a cada neno unha bolsa de caramelos.

 

 

Este ano o Concello de Quiroga, como xa fixo nalgunha ocasión, uniuse a campaña Os Reis Magos cos Celíacos e coa intención de que ningún neno celíaco se sinta discriminado e perda a ilusión polo paso dos Magos de Oriente, os caramelos repartidos eran sen glute.

Antes da cabalgata, como xa fixeran o ano pasado, Melchor, Gaspar e Baltasar entrgábanlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, achegándose tamén ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, para saudar dende fóra aos residentes, como medida preventiva.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button