CulturaCulturaÚltima hora

Os Reis Magos percorrerán a vila de Quiroga en orixinais coches

 

Quiroga está ultima os preparativos da visita dos Reis Magos de Oriente. Esta mañá celebrábase na Casa Consistorial unha xuntanza para organizar a súa chegada. Será novamente unha visita marcada por un protocolo anticovid que fará que os nenos e nenas non se poidan achegar ás súas Maxestades pero si poderán velos.

Ás seis da tarde, partindo das inmediacións da Casa da Cultura os Reis percorrerán a rúa Real. Nesta ocasión non irán nas súas tradicionais carrozas, pero si o farán nuns orixinais coches que os levarán pola vila quiroguesa.

A comitiva pasará moi despazo para que todos os nenos que agarden nas beirarrúas, gardando a distancia de seguridade na medida do posible, os poidan ver. Ademais irán acompañados de tres paxes, un por cada Rei, que provistos de guantes e utilizando continuamente xel desinfectante, entregaranlle a cada neno e nena unha bolsa de lambetadas.

Melchor, Gaspar e Baltasar, antes da cabalgata, terán tempo para entregarlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e de achegarse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, onde saudarán dende fóra aos residentes, como medida preventiva. Tamén está previsto que sexan eles os que entreguen os premios aos nenos e nenas gañadores do Concurso de postais e do Certame de poesía de Nadal.

Artigos relacionados

Back to top button