A MezquitaConcellosÚltima hora

Os Reis Magos reparten ilusión e agasallos entre os nenos da Mezquita

 

Ata A Mezquita viaxaban tamén nesta tarde de 5 xaneiro as súas Maxestades de Oriente, enchendo de ilusión a vila. Saían dende o Concello ás 18h. para logo dirixirse ata o Auditorio (Edificio Multiusos) da Mezquita.

 

 

Unha vez alí, Melchor, Gaspar e Baltasar saudaban a cada un dos nenos e nenas presentes e entregábanlles doces e agasallos. En todo momento se gardaban as medidas de seguridade fronte ao Covid, con uso obrigatorio da mascarilla e distancia social.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button