En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os Reis Magos reparten ilusión entre os nenos barquenses

Na praza do Concello do Barco iniciábase unha cabalgata estática ás seis da tarde

 

Despois dun longo percorrido polo Barco en vehículos antigos descapotables, no que numerosos nenos e maiores os saudaban dende as fiestras e balcóns, as súas Maxestades de Oriente dirixíanse á praza do Concello. Unha vez alí, arredor das seis da tarde, Melchor, Gaspar e Baltasar baixábanse dos coches e dirixíanse a un recinto especialmente engalanado e no que se situaban as súas carrozas

Numerosos cativos, acompañados dos seus pais e nais, agardaban xa alí entusiasmados, mentres comezaba a nevar e soaba a música. Os Reis uníanse aos seus paxes, que xa estaban a carón de cadansúa carroza. Para saudar aos Reis e fotografarse con eles, os rapaces tiñan que seguir un circuíto delimitado por vallas que se iniciaba na praza do Príncipe e con saída pola praza do Concello. Multitude de nenos xunto aos seus pais formaban unha longa cola, respectando as distancias de seguridade.

Á saída do recinto os pequenos recibían un paquetiño individual de caramelos. Durante esta cabalgata tan especial todos os asistentes debían cumprir coas medidas de uso de máscara e distanciamento físico establecidas polas autoridades sanitarias.

Para velar polo cumprimento desas medidas e evitar que se produciran aglomaracións contábase coa colaboración da Policía Local, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) O Barco e de Protección Civil do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button