CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos reuníanse cos nenos triveses no Auditorio Julio Vázquez

O mal tempo impedía que a cabalgata desfilase polas rúas de Trives, pero non que os Reis Magos chegaran á hora prevista ao Auditorio Julio Vázquez, onde eran recibidos polo alcalde trivés Francisco Fernández, e enchían de ilusión a todos os nenos. Despois de repartir agasallos a todos os cativos que enchían o auditorio, os Reis e os seus paxes achegáronse ata a residencia da terceira idade, onde ata os paxes lle cantaron unhas panxoliñas.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button