CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos visitan aos cativos e aos maiores de San Xoán de Río

Publicidade

 

Ata San Xoán de Río desprazábanse as súas Maxestades de Oriente na tarde deste 5 de xaneiro. En primeiro lugar, Melchor, Gaspar e Baltasar visitaban a residencia da terceira idade do municipio, onde saudaban aos maiores.

Despois, os Reis Magos preparábanse para a cabalgata, acompañados dos seus paxes. Un cento de persoas asistían a este acto, boa parte deles meniños. No traxecto, que se iniciaba ás 16h. diante do Centro Social, o Concello contaba coa colaboración de Protección Civil de San Xoán de Río.

Despois de completaba a ronda, e xa no Centro Social, Melchor, Gaspar e Baltasar saudaban e falaban cos máis pequenos do municipio, ademais de entregarlles agasallos. A visita finalizaba cunha chocolatada.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button