CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis Magos visitan Verín

 

Numerosas persoas enchían as rúas de Verín para asistir á tradicional cabalgata das súas Maxestades de Oriente. A carroza real iniciaba o seu percorrido ás 17h. deste domingo 5 de xaneiro dende a Casa do Escudo, para despois continuar pola avenida Luis Espada, polas rúas Deputación e Irmáns Moreno.

Nesta ocasión a comitiva ía encabezada pola música da Banda de Gaitas de Verín. E a cabalgata tiña ademais un carácter reivindicativo, xa que portaba o cartel “Verín non se pecha!”, en alusión directa ao peche en decembro do paritorio do seu hospital.

A continuación, tiña lugar á gala de Reis no pavillón polideportivo da vila. Nel, Melchor, Gaspar e Baltasar reuníanse cos máis pequenos e escoitaban as súas peticións, ademais de agasallalos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button