CulturaCulturaÚltima hora

Os Reis Magos visitarán fisicamente San Xoán de Río o 5 de xaneiro de 2021

 

Este será un Nadal atípico, marcado pola pandemia de coronavirus, pero dende o Concello de San Xoán de Río adiantan que “os Reis si pasarán por Río”.

Así, o 5 de xaneiro de 2021, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán por puntos seleccionados do Concello pero todos os pais interesados en participar na iniciativa, deberán apuntarse nas dependencias municipais ou chamando ao teléfono 988 34 60 02, antes do 30 de decembro.

Dende o Concello tamén adiantan que se aplicará o protocolo Covid-19 polo que será obrigatorio o uso de mascarilla en todo momento por parte de todos os participantes, independetemente da idade.

Artigos relacionados

Back to top button