ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os Reis percorren en carroza O Barco

Multitude de meniños, acompañados dos seus pais, saían ás rúas do Barco na tarde do 5 de xaneiro para presenciar a cabalgata de Reis. As súas maxestades de Oriente desafiaban á chuvia e, cun pouquiño de retraso sobre o horario inicialmente previsto, subíanse ás carrozas na estación de autobuses ao redor das seis da tarde.

De seguido, Melchor, Gaspar e Baltasar, precedidos polos seus paxes que ian en vehículos clásicos, percorrían a estrada xeral da vila ata chegar á praza do Concello, onde o alcalde barquense, Alfredo García, lles daba á benvida. Alí fotográfabanse cos máis pequenos e logo, dende o balcón do antigo Concello, Melchor dirixíase aos nenos para trasladarlles “unha mensaxe de paz e solidariedade” e pedirlles que tiveran “o corazón aberto”.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button