OurenseÚltima hora

Os representantes da administración periférica do Estado na provincia reúnense

A xuntanza estivo presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro
Na xuntanza enfatizaron no traballo conxunto para novas iniciativas.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, mantivo hoxe, 27 de xuño, unha xuntanza cos diferentes responsables da administración periférica do Estado na provincia para ter coñecemento da evolución das accións que están a desenvolver cada un dos entes estatais.

Esta reunión enmárcase dentro da denominada Comisión da Asistencia ao subdelegado, que con carácter bianual, primeira deste ano (a anterior desenvolveuse o pasado 21 de decembro de 2016) pretende dar unha maior cohesión e coordinación ás medidas que o Goberno do Estado está ou vai executar no futuro en Ourense.

De carácter informativo, esta Comisión pretende afondar no traballo en equipo, na valorización de ideas e na interconexión de pareceres e comprobar os obxectivos alcanzados, co gallo de evitar disfuncións da Administración e coa finalidade de seguir traballando nun mellor servizo prestado aos cidadáns da provincia.

A esta xuntanza asistiron, ademais do Subdelegado, Roberto Castro García; Secretario Xeral da Subdelegación, Manuel Arias Carral; Xerente Territorial do Catastro, Manuel Junco Ruiz; Secretario Xeral da CH Miño – Sil, Manuel González Torres; Xefe Provincial da Inspección de Telecomunicacións, Enrique Sanmartín González; Xefa suplente da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, María Genoveva García Ballón; Directora Provincial do INSS. Tania Lamas Pérez; Director Provincial do SEPE. José Pérez Iglesias; Secretario de MUFACE. Antonio Peña Godoy; Enxeñeiro da Unidade de Estradas do Estado, Javier Frade Fernández; Director Provincial do Centro Penitenciario, Luís González Crego; Comandante da Garda Civil, Jesús Gómez; Comisario Xefe Provincial do CNP, Antonio Álvarez Valencia; Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente Rey.

Foto de grupo dos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button