ConcellosEntroido 2021Última horaViana do Bolo

Os restaurantes vianeses servirán a domicilio por encargo un menú con androlla no Domingo Gordo

A androlla, os chourizos e lacón forma parte dos menús que propoñen os restaurantes vianeses para servir a domicilio o Domingo Gordo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un dos elementos característicos do tempo do Entroido é tamén a gastronomía. No caso de Viana do Bolo o seu referente é a androlla. Este ano non será posible renderlle homenaxe na tradicional Festa da Androlla do Domingo Gordo, cancelada por mor da pandemia do Covid. Pero si será posible desfrutar dela nas casas.

E unha proposta para facelo é a de encargar un menú nos restaurantes vianeses que logo será levado ás casas, tal e como anuncian a través das súas redes sociais. Así Casa Chías (Telf. 630 763 687 e 648 88 3118) propón un menú a base de caldo, androlla, lacón, chourizo, grelos e patacas, xunto cunha sobremesa de bica por un prezo de 25 euros (o prazo límite para solicitalo vence neste venres 12 de febreiro).

No caso da Tapería Os Castiñeiros da Gloria (Telf. 988 093 448) o menú, tamén cun prezo de 25 euros, inclúe androlla, grelos, lacón, orella, caldiño e bica. A reserva tamén debe facerse antes do 13 de febreiro.

Outra alternativa é a de A Nosa Casa (Telf. 988 329 317) cun menú de caldo, androlla, lacón, chourizo, patacas, grelos e bica caseira. O prezo do mesmo é de 20 euros.

Artigos relacionados

Back to top button