En portadaÚltima hora

Os restos da guerrilla antifranquista atopados na “Cidade da Selva” analizaranse e exporanse en Casaio

Ao longo da vindeira semana poderá verse o material recuperado nas escavaciós realizadas en xullo nas antigas escolas desta localidade con explicaciones por parte del equipo de investigadores de Sputnik Labrego

 

Algúns do restos arqueolóxicos atopados na “Cidade da Selva”, nos montes de Casaio, nas escavacións realizadas en xullo polo equipo de Sputnik Labrego./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dous meses despois das primeiras escavacións realizadas nos campamentos da guerrilla antifranquista da denominada “Cidade da Selva”, os materiais localizados polos arqueólogos volven a Casaio (Carballeda de Valdeorras) para ser expostos nas antigas escolas desta localidade. A Cidade da Selva era un dos puntos centrais de articulación da resistencia antifranquista nestes montes valdeorreses.

Así dende o vindeiro luns 24 de setembro ata o domingo día 30 o equipo de investigadores de Sputnik Labrego (sputniklabrego.com) analizará os materiais arqueolóxicos atopados. Estas escavacións centráronse en tres dos chozos que conforman os distintos campamentos guerrilleiros da Cidade da Selva e “ofreceron unha importante cantidade de material arqueolóxico”, segundo o equipo. Estes restos serán agora analizados por expertos de diversas universidades de Galicia, País Vasco e incluso de Brasil.

“O material recuperado foi sorprendente e a súa análise exhaustiva permitiranos extraer moita e valiosa información sobre a vida cotiá da guerrilla durante os anos 40”, afirman Alejandro Rodríguez e Carlos Tejerizo, coordinadores da intervención.

A análise dos materiais que se levará a cabo en Casaio acompañarase dunhas xornadas de portas abertas para que o público interesado poida “non só ver o material, senón tamén comprobar os avances no seu estudo en tempo real”, indican dende Sputnik Labrego. Entre o día 23 e 30 de setembro o horario para as visitas será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Estes avances poderán ser consultados igualmente na páxina de Facebook do proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close