PolíticaÚltima hora

Os resultados da segunda volta das primarias socialistas no oriente ourensán

Noela Blanco volve a impoñerse ao sumar 42 votos, fronte aos 29 de Rafael Rodríguez

Novamente a candidata á secretaría provincial do PSdeG-PSOE, a deputada autonómica Noela Blanco, vén de facerse co maior número de votos na parte oriental da provincia. Tras o escrutinio desta segunda volta, celebrada no 30 de decembro, os resultados amosan que Noela Blanco suma 42 votos fronte aos 29 de Rafael Rodríguez, alcalde de Amoeiro.

Así no Barco Noela Blanco lograba 21 votos fronte aos 13 de Rafael Blanco, mentres que na Rúa e en Vilamartín os dous candidatos quedaban empatados a 7 votos e a 6 votos, respectivamente. Finalmente, en Viana do Bolo tamén se impoñía Noela Blanco con 8 votos, fronte aos 3 do alcalde de Amoeiro.

Sen embargo estes resultados contrastan cos datos obtidos no resto da provincia, e especialmente en Ourense capital e no seu entorno, onde Rafael Rodríguez acadaba 268 fronte aos 101 de Noela Blanco. Ademais no Carballiño conseguían 93 e 30, respectivamente, e na comarca de Verín 78 e 8. Deste xeito, o alcalde de Amoeiro resulta elixido, cun notable respaldo, novo secretario provincial do PSdeG-PSOE con 663 votos fronte aos 352 de Blanco.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R./ cedida.

Artigos relacionados

Back to top button