Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Os resultados das primarias socialistas no oriente ourensán

Noela Blanco era a candidata máis votada nesta parte da provincia ao sumar 35 votos

Ás oito da tarde pechábanse as mesas electorais para elixir ao novo secretario provincial do partido socialista en Ourense. No caso da mesa instalada na sede da agrupación socialista do Barco exercían o seu dereito ao voto 36 militantes do total de 76 censados. Deles, 17 votaban por Noela Blanco, 12 por Rafael Rodríguez e 6 por Pachi Vázquez.

No caso da Rúa, cun censo de 22 militantes, votaban 14 dos cales 7 daban o seu respaldo a Noela Blanco, 4 a Rafael Rodríguez e 3 a Pachi Vázquez. En Vilamartín, cun censo de 16 militantes, depositaban a súa papeleta na urna 11 persoas, das que cales 6 apoiaban a Noela Blanco e 5 a Rafael Rodríguez.

Tamén en Viana do Bolo se instalaba unha mesa electoral na que exercían o seu dereito ao voto 13 persoas, das cales 7 facíano por Pachi Vázquez, 5 por Noela Blanco e 1 por Rafael Rodríguez.

Así Noela Blanco era a candidata con máis respaldo no oriente ourensán ao sumar 35 votos, fronte aos 21 de Rafael Rodríguez e aos 16 de Pachi Vázquez.

A nivel provincial o resultado amosaba un total de 1.088 votos emitidos, dos cales 427 son para Rafael R. Villarino, 336 para Noela Blanco e 307 para Pachi Vázquez, segundo os datos oficiais feitos públicos polo PSdeG. Tamén se rexistraban 12 votos en branco e 6 nulos. Ao non acadar ningún dos candidatos máis do 50% dos apoios, prevese unha segunda volta á que optarían Rafael Rodríguez e Noela Blanco. As votacións serán o día 30 de decembro.

Fotos Carlos G. Hervella, agás a última que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button