SanidadeÚltima hora

Os riscos de non aleitar, na 4ª Semana da Lactancia Materna no Barco

A matrona Aurora Rodríguez impartía unha conferencia no marco destas xornadas na tarde do 7 de outubro
A matrona e asesora de lactancia materna Aurora Rodríguez, durante a conferencia.
A matrona e asesora de lactancia materna Aurora Rodríguez, durante a conferencia.

Amamantar de forma natural implica multitude de beneficios. Pero o feito de non facelo tamén supón unha serie de riscos. Deles falaba a matrona e asesora en lactancia materna, Aurora Rodríguez, na conferencia “Os riscos de non aleitar: ecolóxicos, económicos e de saúde”, que impartía na tarde do 7 de outubro no marco da 4ª Semana da Lactancia Materna.

Esta é a segunda charla do programa da 4ª Semana da Lactancia Materna no Barco.
Esta é a segunda charla do programa da 4ª Semana da Lactancia Materna no Barco.

Comezaba incidindo en que a lactancia é “un compoñente clave para o desenvolvemento sostible” para, de seguido, enumerar as súas vantaxes fronte ao outro tipo de alimentación dos meniños. “É gratuíta, é estéril, sempre está nas mellores condicións de uso e totalmente disposta. Ademais sempre está adaptada ao momento da vida do bebé e fai de barreira física fronte aos xermes”, comentaba. Fronte a iso están as dificultades de preparación do leite en po, que require coidar moi ben elementos como a hixiene, debe ser a cantidade exacta, a temperatura da auga, etc. A maiores, Aurora Rodríguez referíase aos riscos nutricionais que supón non optar pola lactancia materna, apoiándose en datos de diversos estudos. Por exemplo, a menor talla ao de vida para os amamantados con leite artificial; ou as diferenzas no peso.

A Semana da Lactancia Materna é unha iniciativa que promove dende hai catro anos a Asociación De Nai a Nai no Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button