CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os ritmos de México, Xeorxia e Filipinas, no Barco

O Malecón acollía na noite do 18 de agosto unha das últimas actuacións das XXXII Xornadas de Folclore

Coa intensidade, forza e cromatismo de México concluían as actuacións das XXXII Xornadas de Folclore no Barco. Numerosas persoas seguían no Malecón este espectáculo que traía á vila valdeorresa a música e as danzas de tres países. Así os grupos que podían verse sobre o escenario eran a Compañía Nacional de Danza Folklórica de México, o Folk Dance Ensemble Shavlego de Gori (Xeorxia) e Philcas of BC de Filipinas.

O calendario destas xornadas, promovidas pola Deputación de Ourense, concluirá o 19 de agosto ás 23h. no Auditorio do Castelo de Ribadavia, tras pasar por uns 16 concellos da provincia.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button