Galerías de fotosÚltima hora

Os ritmos do mundo chegan ao Barco coas Xornadas de Folclore

O campo da festa barquense convertíase en escenario na noite do 9 de agosto das XXXIV Xornadas de Folclore. Numerosas persoas asistían a este espectáculo itinerante que cumpre xa a súa 24 edición. No Barco o público podía desfrutar das danzas e ritmos de African Tumbas (Nairobi, Kenia), do Folk Dance Ensemble Stanitsa (Krasnodar, Rusia) e do Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile).

 

 

Estas xornadas continuarán levando os sons e as danzas de diferentes partes do mundo pola provincia de Ourense ata o 16 de agosto. De feito para o 11 de agosto está prevista unha nova actuación en Valdeorras, desta volta na Rúa. Será no parque do Aguillón e alí actuarán outros tres grupos: o xa citado Folk Dance Ensemble Stanitsa (Krasnodar, Rusia), un de México e outro de Perú.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button