CulturaCulturaÚltima hora

Os rituais da morte en terras de Viana, recollidos por Carlos X. Ares

Este investigador vianés afonda neste tema nun traballo incluído no libro “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego”, que vén de presentarse
Carlos X. Ares, intervindo na presentación do libro “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego”, en Pontevedra./ Foto: Lisi Novas Domínguez.

Nas crenzas, costumes ou rituais relacionados tradicionalmente coa despedida ou coa morte nas terras de Viana do Bolo centra o seu último traballo o investigador Carlos X. Ares Pérez. Está incluído dentro do volume “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego”, coordinado por Rafael Quintia, no que tamén participan, tocando diversas temáticas, outros oito autores: Sara Alonso, Lina Álvarez, Víctor Caride, Ana Durán, Pilar López, Lidia Mariño, Natividad Rey e Cruz Vázquez. Esta obra presentábase o pasado 10 de xuño na Casa das Campás de Pontevedra.

No seu traballo, o vianés Carlos X. Ares parte de “crenzas que fan referencia a diferentes mundos como puidesen ser os dos animais, seres mitolóxicos, aparicións e mesmo persoas que intermedian entre as vidas de aquí e do máis alá” e na súa explicación bota man de textos de autores como Nicolás Tenorio.

Tamén aporta unha serie de referencias históricas e logo céntrase nos costumismos da morte, nos lugares de enterramentos e nas historias ligadas a eles ata chegar ás relacións entre os vivos e os falecidos, comparándoos ademais coas crenzas doutros lugares de Galicia.

 

Outro dos momentos do acto./ Foto: Foto: Lisi Novas Domínguez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close