DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Os seareiros do Rúa Valdeorras CF disporán gratis dun autobús para ver a semifinal da Copa

O partido de volta de fútbol sala feminino contra o Atlético Arnoia disputarase o sábado 28 de maio ás 17 horas en A Queixeira (Arnoia)

Partido de ida disputado o pasado domingo na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tralo intenso partido de ida disputado o pasado domingo no pavillón municipal da Rúa, que se saldaba co empate a 2 entre o Rúa Valdeorras CF e Atlético Arnoia, o pase á final feminina de fútbol sala da Copa Deputación de Ourense xogarase o vindeiro sábado 28 de maio en A Queixeira, Arnoia.

O partido, que comezará ás 17 horas, será moi importante para as rapazas de Valdeorras que levan pelexado moito durante toda a tempada, polo que precisan de todo o apoio da súa afección. E precisamente para que todos os que queiran poidan asistir a esta semifinal, disporán dun autobús gratis. A primeira saída será ás 14 horas dende a praza de Petín e a segundo ás 14:10 horas dende a Estación de Autobuses da Rúa.

As inscricións poden facerse nas redes sociais do Rúa Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button