DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os séniors do M.V. Barco vencen ao CB Xinzo en Calabagueiros

Por 85-51 superaban os barquenses aos limiáns na penúltima xornada de liga

Catro de tres. O Club Muebles Victoria Barco vén de completar unha xornada deportiva con tres vitorias para os seus equipos. O cadete masculino gañaba os maristas por 55-36; o júnior feminino ao Celta de Vigo por 49-44; e o sénior por 85-51 ao CB Xinzo. O equipo infantil masculini perdía 32-48 ante Vilagarcía.

Os últimos en xogar eran os maiores, que regresaban á cancha de Calabagueiros na penúltima xornada de liga co obxectivo de seguir invictos en casa e optar á primera praza na competición. “Gañando aseguraremos como mínimo a segunda praza e iso daranos dereito ao factor cancha nos playoffs”, aseguraban dende o club uns días antes. E así o facían.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button