ConcellosÚltima horaVídeos

Os servizos de emerxencia e os corpos de seguridade percorren Quiroga e San Clodio animando á poboación

O percorrido tiña lugar ás oito da tarde deste domingo 26 de abril, primeiro día de saída permitida para os nenos

 

En torno ás oito da tarde (hora dos aplausos) deste domingo 26 de abril, o primeiro no que os menores de 14 anos poden saír de casa durante unha hora ao día e con certas restriccións, os servizos de emerxencia e os corpos e forzas de seguridade de Quiroga, facían un percorrido animando á poboación.

O GES, Protección Civil de Quiroga e San Clodio, Policía Local, Garda Civil e Ambulancia do 061 participaban nesta singular procesión que saía dende o Albergue de Quiroga percorrendo a vila e tamén a de San Clodio. Ao seu paso, os veciños aplaudían dende as fiestras e balcóns, porque malia algunha flexibilización, continúan o estado de alarma e o confinamento.

 

Vídeo cedido

Artigos relacionados

Back to top button