OurenseÚltima hora

Os servizos de emerxencias rescatan a un mozo preto do encoro de Castrelo de Miño

Encoro de Castrelo de Miño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Arredor das 18h. desta tarde de mércores 17 de xuño varias persoas alertaban ao 112 Galicia de que un mozo en apuros solicitaba axuda preto do encoro de Castrelo de Miño. Indicaban que o rapaz podería ter problemas para abandonar a zona.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia deron conta dos feitos á Garda Civil e aos Bombeiros de Carballiño e aos membros do GES de Ribadavia. Ademais, informouse do suceso ao persoal sanitario por se fose precisa a súa intervención.

Xa no lugar, os servizos de emerxencia solicitaron a colaboración do persoal do encoro para reducir o caudal da saída de auga e así proceder con seguridade ao rescate da persoa. Unha vez realizada a intervención, o rapaz puido saír do río coa axuda do persoal de rescate, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button
Close