SanidadeÚltima hora

Os servizos de urxencias dos 3 hospitais da provincia xa usan os test rápidos de antíxenos

Tanto a toma da mostra como o resultado "obtense directamente no punto no que está a ser atendido o paciente mediante un procedemento sinxelo e rápido", segundo o Sergas

 

A Consellería de Sanidade vén de informar que os servizos de urxencias, xerais e pediátricas, dos tres hospitais públicos de Ourense (o CHUO, o de Valdeorras e o de Verín empregan xa os novos test de antíxenos, que “permiten ter un diagnóstico de Covid-19 en 10-15 minutos, coa mesma fiabilidade que as PCRs, para poder actuar de inmediato ante pacientes con necesidades asistenciais urxentes ou con sintomatoloxía compatible coa infección por SARS-Cov2, sen necesidade de derivar a mostra ao Servizo de Microbioloxía”.

Ademais indícase que esta nova técnica diagnóstica, “de gran fiabilidade, vén de ser ser autorizada polo Ministerio de Sanidade, sendo o Sergasun dos primeiros servizos de saúde autonómicos en implantala e distribuíla a todos os hospitais”.

Así, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras dispón xa das primeiras 10.000 unidades.Trátase dun procedemento sinxelo é rápido que “permite ser empregado directamente no centro no que está a ser atendido o paciente, mediante un pequeno “kit” individual, con todo o necesariopara realizar a proba,tanto para extración da mostra, como oseuprocesamento. Outra das súas vantaxes é a súa alta sensibilidade para determinar a presenza do virus no organismo incluso en etapas precoces, nos primeiros días da infección”, segundo o Sergas.

Tendo en conta estas características, a Consellería de Sanidade decidíu “priorizar o seu uso nos servizos de urxencias hospitalarios para axilizar a confirmación da sospeita diagnóstica, permitindo así instaurar tratamento canto antes e facilitar o manexo dos pacientes nos circuítos diferenciados de atención, aínda que non se descarta ampliar seu uso a outros servizos. A dispoñibilidade desta nova ferramenta diagnóstica é especialmente importante neste intre co aumento da incidencia das patoloxías respiratorias e previa ao inicio da diseminación do virus da gripe estacional, o que permitirá nos centros sanitario públicos de Galicia un diagnóstico diferencial rápido, axilizando a atención urxente de adultos e nenos en idade pediátrica”.

Test e PCR

O antíxeno de Covid-19 é unha proba de diagnóstico directo do virus que detecta partículas estruturais do mesmo en mostras respiratorias, extraidas mediante un hisopo nasofarínxeo, a principal diferenza deste test coa PCR e que esta detecta presenza o ADN do virus, mentres que estes detectan as súas proteínas (antíxenos), tal e como explica a consellería.

Por outra banda, a PCR é unha técnica complexa que precisa “dun equipamento específico e persoal especializado e con experiencia no procedemento, ademais dun tempo mínimo para o procesamento e información de resultados. É un procedemento que amplifica o material xenético do virus (ARN e ADN) que permite detectalo mesmo en mostras escasas. A súa vantaxe é a fiabilidade, pero loxicamente require dun laboratorio para o exame das mostras, e aínda que se pode ter o resultado en horas, non é inmediato”, matiza Sanidade.

Así mesmo a consellería apunta que os test rápidos de antíxenos proporcionan “unha información similar á das PCR -que segue sendo a proba de referencia para un resultado definitivo-, cunhas taxas de sensibilidade e especificidade practicamente iguais, pero con varias vantaxes engadidas: a toma de mostras é máis fácil e non require material especializado, nin trasladala a un laboratorio. Pese a súa simplicidade, estes test rápidos non son probas de “autodiagnóstico”, polo que sempre teñen que estar prescritas e interpretadas por un facultativo, que será quen determine as medidas para tomar”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close