PolíticaÚltima hora

Os socialistas abren a campaña electoral en Ourense nun acto con Josep Borrell

Celebrábase no Campus de Ourense e contaba tamén coas intervencións do secretario provincial socialista e candidato á alcaldía de Ourense, así como da cabeza de lista ao Congreso pola provincia e do secretario xeral dos socialistas galegos

Cun encontro coa cidadanía no salón de actos Marie Curie (edificio politécnico do Campus Ourense) iniciaba o PSdeG-PSOE os actos da campaña electoral para as eleccións xerais. Neste acto, celebrado na tarde do 12 de abril, contábase coa presenza do ministro de Asuntos Exteriores do goberno do PSOE, Josep Borrell, así como coa do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Xunto a eles estaban a candidata socialista ao Congreso, Marina Ortega; o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino e centos de persoas que enchían o salón neste primeiro mitin do socialismo ourensán.

Nas súas intervencións os líderes socialistas chamaban ao “voto polo progreso, fronte aquelas forzas da ultradereita que queren volver o pasado con políticas regresivas e cuestionando os grandes avances feitos nos últimos tempos en materia de igualdade, políticas sociais, subida do salario mínimo interprofesional ou as apostas para que os nosos mozos e mozas emigrados poidan retornar a nosa terra”.

O secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, fixo referencia a “cambiar o sino da provincia e acabar coa rede clientelar es ás prácticas absolutistas propias doutras épocas”. O candidato á alcaldía tampouco quixo esquecerse da cidade á que se referiu faltando “do abandono na que está sumida Ourense, unha cidade que merece máis e na que ourensáns e ourensás non se sintan avergonzados de ser de Ourense”.

 

Pola súa banda, a candidata cabeza de lista ó Congreso, Marina Ortega, referíase ao avance e ao progreso “que continuará tras os pasos iniciados nestes meses de goberno de Pedro Sánchez”. Tamén aludía aos investimentos realizados na provincia. “Apostouse polas infraestruturas, a subida das pensións, o impulso da universalización da educación de 0 a 3 anos e darlle un pulo o rural”. Tamén comentaba que “os grandes retos da provincia para a nova lexislatura serán sen dúbida o fomento da natalidade e o reto demográfico”.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, falaba da importancia de que Ourense “deixe de ser unha provincia esquecida pola dereita e démoslle un pulo socialista para facer medrar Ourense”. Ademais o ministro de Exteriores, Josep Borrell afirmaba que “tedes un secretario xeral estupendo, un candidato á alcaldía implicado e preocupado pola cidade e uns candidatos e candidatas que van a ser claves para que España siga apostando polo progreso”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close