PolíticaÚltima hora

Os socialistas denuncian ante a Xunta Electoral de Zona a visita de Pastor a Ourense

Piden a suspensión da firma do convenio de colaboración que a ministra de Fomento en funcións efectuou no día de hoxe de cara a execución da estación intermodal na cidade
O PSdeG-PSOE denuncia ante a Xunta Electoral de Zona a visita de Ana Pastor a Ourense.
O PSdeG-PSOE denuncia ante a Xunta Electoral de Zona a visita de Ana Pastor a Ourense.

Os socialistas de Galicia presentaron con data de 21 de xuño un escito ante a Xunta Electoral de Zona (XEZ) para protestar pola visita que a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, fixo hoxe a Ourense. A firma do convenio de colaboración entre administracións para facer efectiva a estación intermodal na cidade das Burgas non gustou á formación de esquerdas, que entende que o acto supón un incumprimento da Lei Orgánica de Réxime Electoral (Loreg).

Concretamente piden en vía administrativa que se “ordene a suspensión da firma do protocolo”, así como a adopción da suspensión cautelar da sinatura no caso de que a XEZ lle outorgue prazo para alegacións ao Concello e ao Adif. Buscan que o acto se teña por non realizado “polos incumprimentos das previsións contempladas no artigo 50 da Loreg”, conclúen.

 

Artigos relacionados

Back to top button