PolíticaÚltima hora

Os socialistas ourensáns elixen hoxe aos seus candidatos á secretaría provincial

Os candidatos Noela Blanco e Pachi Vázquez votaban esta mañá na sede provincial na rúa Ribeira de Canedo, en Ourense, mentres que Rafael Rodríguez facíao pola tarde en Amoeiro
Mesa electoral na sede de Ourense. // Foto: Carlos Asensio.

Xornada electoral no PSdeG-PSOE de Ourense. Os comicios para elixir ao novo secretario provincial arrancaban hoxe, 17 de decembro. A sede da capital abríu pola mañá e a militancia do resto da provincia poderá emitir o seu voto pola tarde.

En Ribeira de Canedo, en Ourense, chegaba cara ás once da mañá, a candidata e deputada no Parlamento de Galicia, Noela Blanco.

 

Noela Blanco. // Foto: Carlos Asensio.

Tras exercer o seu dereito a voto, Blanco declarou que hoxe “estamos dando un exemplo de participación cidadá nesta provincia”. A socialista asegurou que que as súas expectativas con estes comicios son “pasar páxina nesta provincia dunha vez por todas.

 

Pachi Vázquez. // Foto: Carlos Asensio.

Unha hora despois, chegaba á sede provincial o outro dos tres candidatos, Pachi Vázquez, que asegurou estar “tranquilo”. Do resto dos candidatos dixo que “fixemos o que tiñamos que face”. Vázquez referiuse á confluencia como “algo inevitable”. De cara ao futuro, tras coñecerse os resultados, para o candidato só hai dous camiños: “ir cara ao desastre ou ir cara a unidade da organización política”. Asemade, reiterou que, independentemente do resultado, “isto solo se gaña sentando nunha mesa e facendo un exercizo de unidade e integración”.

 

Rafael Rodríguez votando na Casa da Cultura de Amoeiro./ Foto cedida.

 

A primeira hora da tarde, exercía o seu dereito ao voto o candidato Rafael Rodríguez Villarino en Amoeiro, na mesa constituída na Casa da Cultura. As mesas electorais estarán abertas ata as oito da tarde.

Entre as mesas constituídas nesta tarde no no oriente ourensán están as de Viana do Bolo, A Rúa, O Barco e Vilamartín.

 

Mesa electoral en Viana do Bolo./ Foto cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button