PolíticaÚltima hora

Os socialistas ourensáns elixirán entre 2 listas a súa representación no 40 Congreso Federal do PSOE

Unha delas está encabezada por Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e a outra por Noela Blanco, ex deputada galega

Publicidade

 

A militancia socialista na provincia de Ourense terá que escoller entre dúas candidaturas aos delegados e delegadas que a representarán no 40º Congreso Federal do PSOE. Será ademais a única galega na que se celebren estas elección xa que nas outras 3 provincias da comunidade hai listas de integración.

Por unha banda, está a candidatura de oito integrantes encabezada por Francisco Fumega, o alcalde do Carballiño, e que está formada pola rexedora de Castro Caldelas, Sara Inés Vega; o secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada no Congreso Uxía Tizón; a concelleira de Barbadás Margarita Pérez; o valdeorrés Eduardo Ojea, a ourensá Marina Tallón e o socialista de Ribadavia Luis Gulín.

Ademais está a lista da ex deputada galega Noela Blanco, na que tamén se inclúe a José Antonio Nóvoa (ata hai poucos meses militante de XSG); á concelleira Natalia González (viceportavoz no Concello de Ourense), ao concelleiro Jorge Gutiérrez (voceiro en Pereiro de Aguiar), a edil Catalina González (voceira en Castrelo de Miño), Celso Campos (militante en Ourense e ex concelleiro), Lorena Peleteiro (concelleira e voceira Punxín); e a Francisco Magide, concelleiro e ex alcalde de Parada de Sil. E entre os tres suplementes que completan a lista a aperece, en primeiro lugar, a valdeorresa Raquel Méndez, concelleira e voceira en Rubiá.

Artigos relacionados

Back to top button