PolíticaÚltima hora

Os socialistas preguntan no pleno da Deputación sobre as xestións para arranxar a estrada vianesa a San Agostiño

Tamén solicitan que se volva convocar a comisión creada sobre este tema para dar conta das novas e acordar as actuacións a seguir
Firme da estrada de San Agostiño en Viana do Bolo.

A Agrupación Socialista de Viana do Bolo, por medio dos representantes do PSdeG na Deputación de Ourense, presentaba unha interpelación no pleno provincial do 26 de outubro dirixida ao presidente. Nela preguntábase sobre o estado do estudo da valoración que se está a realizar por parte da área de infraestructuras para o arranxo da estrada vianesa de San Agostiño e tamén por cando se vai asinar o convenio con Endesa.

En resposta a esta cuestión, informabáselles de que o estudo “xa está rematado coa súa correspondente valoración” e que tamén “tiñan recibido o borrador de convenio que remitiu Endesa para asinalo”, segundo un comunicado emitido polos socialistas vianeses.  E está previsto que nos vindeiros días haxa unha nova reunión entre as partes.

O voceiro socialista na Deputación, solicitaba ademais ao presidente, que recibira de novo á comisión creada pola iniciativa socialista no pleno municipal, para darlle traslado destas novas e acordar as actuacións a seguir. Algo ao que o presidente accedía.

Artigos relacionados

Back to top button