Sobre as xestións realizadas ata o momento dende a Deputación de Ourense de cara a realizar o arranxo da estrada de San Agostiño (Viana do Bolo) preguntaba no último pleno provincial (celebrado o 28 de setembro) o grupo socialista. “Na resposta á mesma, infórmase da xuntanza mantida co director xeral de Zona Noroeste de Endesa, con data 11/09/18, na que se acorda que, unha vez rematado o estudo da valoración do arranxo, que está a acometer a directora de Área de Infrastruturas, procederase a afirmar un convenio entre a Deputación, Endesa e máis o Concello, no que se acorde as achegas económicas que farán e recoller ós compromisos adquiridos”, segundo se informa nunha nota de prensa emitida pola agrupación socialista de Viana do Bolo.
Este paso dase “coma continuación da xuntanza mantida, con data 6/08/18, entre a Deputación e a comisión municipal, creada pola iniciativa do Grupo Socialita de Viana, nunha moción aprobada no pleno, para xestionar ante a empresa e demais organismos o inmediato arranxo da estrada”. Os socialistas vianeses instan a que se axilicen estas “actuacións, que permitan o escomenzo do arranxo antes da chegada do tempo desfavorable”.