Eleccións Xerais 26-XPolíticaÚltima hora

Os socialistas presentan as súas candidaturas no Barrio da Ponte de Ourense

O acto tiña lugar diante da estación de Ourense Empalme na mañá do 8 de xuño
Un dos momentos da presentación das candidaturas do partidos socialista en Ourense.
Un dos momentos da presentación das candidaturas do partidos socialista en Ourense.

Para a presentación das súas candidaturas ao Congreso e ao Senado por Ourense, o partido socialista escollía a estación de Ourense Empalme, no Barrio da Ponte na capital da provincia. Deste xeito pretendía reivindicar o proxecto que defendían hai cinco anos para a cidade: “a estación intermodal do tren de alta velocidade”, tal e como destacaba o voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ourense, José Ángel Vázquez Barquero.

Xunto a el estaban os cabezas de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso, Rocío de Frutos, e ao Senado, Luis Manuel García Mañá, así como Pilar Cancela, presidenta da xestora do partido, e Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato socialista á presidencia da Xunta. Cancela tomaba a palabra no acto para descatar o traballo realizado por de Frutos e García Mañá nunha lexislatura “tremendamente breve, pero tamén tremendamente inxente no traballo”. Asemade resaltaba que nas vindeiras eleccións do 26 de xuño o partido socialista representa “a oportunidade real de cambio neste país. Contamos co equipo perfecto para facelo, cun programa de contidos e de propostas para mudar o que este país necesita”.

De seguido, interviña Leiceaga que, referíndose aos candidatos, destacaba que “sei que van facer unha campaña intensa e centrada nos intereses de Ourense e dos seus cidadáns. Son unhas eleccións centradas no cambio”.

Artigos relacionados

Back to top button