PolíticaÚltima hora

Os socialistas vianeses amósanse decepcionados polo aprazamento da comisión da estrada de San Agostiño

Firme da estrada vianesa de San Agostiño.

 

A Agrupación Socialista de Viana do Bolo emitía na tarde do 12 de novembro un comunicado para amosar a súa postura tras coñecer que quedou aprazada “a reunión da comisión creada no seu día, para impulsar as Obras de Reparación da Estrada de San Agustín” e que estaba prevista para o próximo día 15 de novembro.

“Ante tal imprevisto, e alegando problemas de axenda dalgún dos intervintes, solicitamos novamente que esa reunión se volva convocar nunha data o máis próxima posible, para poder axilizar os últimos trámites, e asinar o convenio necesario, para poder comezar as traballos a principios do próximo ano”, di o texto do comunicado que asina o voceiro municipal do PSdeG-PSOE de Viana, Abelardo Carballo.

Ademais con este comunicado os socialistas de Viana amosan “a súa decepción ante este novo contratempo” e solicítanlle á Deputación de Ourense que se “volva convocar esa reunión, para os próximos días”.

Artigos relacionados

Back to top button