CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os sons de “Alma” volven ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Nesta edición, con medidas de seguridade fronte ao Covid, contarase coas actuacións de Neonymus (19 de setembro) e Tanxugueiras (26 de setembro)

O grupo Tanxugueiras durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil, acollerá un ano máis os sons da world music na sétima edición de “ALMA, Experiencias Artísticas de Arte, Legado e Medio Ambiente”. Será os días 19 e 26 de setembro respectivamente.

Estas residencias artísticas, que están promovidas por  Ecos da Pedra& Icatú Eco Spirits e Wapapura e apoiadas polo Concello de Parada de Sil; constitúen xa un “referente internacional polo elenco de músicos que pasaron por este templo e que poñen de manifesto a capacidade integradora que ten a música para traspasar fronteiras”, tal e como destacan os seus promotores.

Este ano o cartel artístico estará protagonizado por Neonymus (19 de setembro) e Tanxugueiras (26 de setembro). O aforo será limitado, “á metade do mesmo debido á nova normativa, adecuada aos espectáculos e/ou eventos desta índole pola pandemia xerada polo Covid 19”, segundo a organización.

Ademais dos promotores deste evento aseguran que “as medidas de prevención están totalmente garantidas xa que o público, técnicos e músicos contarán con todo o necesario para que sexa un espazo seguro”. E explican que “non facer os concertos este ano sería deixar sen osíxeno nesta data aos centos de seguidores que teñen estes eventos e máis nun momento tan complicado como este”.

Máis información e entradas:
www.ecosdapedra.com/tienda

 

Artigos relacionados

Back to top button