EconomíaEconomíaÚltima hora

Os supermercados do Grupo Cuevas recollen xoguetes usados para doalos no Nadal

Esta campaña levarase a cabo até o 16 de xullo e os xoguetes doaranse aos menos necesitados
Os xoguetes recolleranse nos supermercados do Grupo Cuevas.

Os principais supermercados do Grupo Cuevas veñen de instalar contedores para recoller xoguetes, dentro da campaña “Comparte e recicla”, que promoven a nivel nacional “Neox Kids” e a Fundación Crecer Jugando, coa colaboración do Corte Inglés, Hipercor e as principais tendas de xoguetes.

O obxectivo desta acción solidaria, sinalan dende Cuevas, é que sexan os propios cativos, en compañía dos seus familiares, quen seleccionen algúns dos seus propios xoguetes en bo estado e os donen, como xeito de aprender a compartir e comprender a satisfacción que poden proporcionar a outros nenos que os reciban o próximo Nadal.

A campaña de recollida, que se desenvolve coa participación do grupo ourensán e Juguettos Ourense, estenderase até o próximo 16 de xullo. Os xoguetes recibidos serán almacenados no Polígono de San Cibrao ata o seu traslado a centros nacionais nos que serán recuperados e procesados para darlles unha segunda vida o próximo Nadal, cando serán distribuídos a través das organizacións benéficas que habitualmente os solicitan. Os xoguetes que xa non poden ser aproveitados serán reciclados directamente, aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button