ConcellosÚltima hora

Os termómetros desplomaranse na provincia durante os próximos días

Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río serán os concellos que máis baixada de temperatura rexistren

A provincia de Ourense sufrirá unha baixada de temperaturas durante os próximos días. Así, os concellos que máis o notarán serán Chandrexa de Queixa (9 graos de mínima e 22 de máxima) e San Xoán de Río (9 graos de mínima e 20 de máxima).

 

 

Trives rexistrará o mércores 12 de agosto, mínimas de 12 graos, mentres que o xoves 13 baixarán aínda máis, chegando aos 11 graos. Ademais, as máximas serán de 20 e 23 graos, respectivamente.

Pola súa banda, Manzaneda e Trives rexistrarán as mesmas temperaturas, con mínimas de 12 graos o mércores e de 10 graos o xoves. As máximas serán o mércores de 19 graos e o xoves de 22 graos.

Ademais, Castro Caldelas tamén chegará a unhas mínimas semellantes, xa que o mércores serán de 12 graos e o xoves, de 10 graos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close