SanidadeÚltima hora

Os test realizados nas dúas residencias de maiores da Rúa deron negativo en Covid-19

Así o confirmaba o Concello a través do Facebook na tarde deste xoves 16 de abril

Residencia dos Pinos, na Rúa.

 

Como xa fixera hai dous días cos positivos do municipio, o Concello da Rúa vén de anunciar a través do Facebook que os test de Covid-19 efectuados o sábado, 11 de abril na Residencia dos Pinos (Fundación Valdegodos) e o luns, 13 de abril na Residencia N. Señora de Fátima (Fundación San Rosendo), deron todos negativo. “Tanto residentes como persoal de ambas residencias, non están contaxiados”, din, asegurando que isto é “grazas á preocupación e ao esforzo do persoal que atende aos nosos maiores”.

 

Residencia N. Sra. de Fátima, na Rúa.

 

Sen dúbida “o feito de que se extremasen tantísimo as medidas de protección e hixiene denota un alto grao de profesionalidade e implicación que, na nosa opinión, chega a ser un acto de xenerosidade destacable”, din dende o Concello da Rúa, engadindo que “o persoal está traballando máis que nunca, ata o punto de adicar máis tempo e preocupación ao seu cometido, nalgúns casos ata renunciando á súa vida privada, antepoñendo a profesional chegando a estar confinados no propio centro durante días”, explican. Un nivel de compromiso polo que están “agradecidísimos”.

Artigos relacionados

Back to top button