CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os tizóns, as castañas e os chourizos, protagonistas do magosto no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Toda a comunidade educativa do centro escolar barquense participaba activamente nesta tradicional festa

 

Moito se divertiron os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, no magosto celebrado na tarde do 18 de novembro. E non é para menos xa que ademais dunha contundente merenda a base de chourizos recén asados con pan, castañas e bica, pequenos e maiores aproveitaron a ocasión para coller tizóns e pintarse a cara uns a outros. Unha divertida tradición case perdida, que neste colexio se mantén ano tras ano.

Ademais de toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, familiares,…) á celebración estaban tamén convidados os residentes da Residencia de Fátima.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button