SanidadeÚltima hora

Os traballadores de Ferrovial chegan a un acordo e desconvocan a folga de limpeza no CHUO

As organizacións sindicais convocantes (CCOO, CIG e UXT) celebran “apoio unánime das asembleas ao preacordo asinado a última hora da tarde de onte coa representación da empresa”
Traballadores de Ferrovial na primeira das protestas.

As asembleas de traballadores de Ferrovial Servizos, concesionaria de mantemento e limpeza do CHUO, chegaron finalmente a un acordo e desconvocaron a folga indefinida que tiñan prevista que se inciase hoxe, 5 de febreiro.

Segundo informou Pilar González, Delegada de CCOO e Presidenta do Comité de Empresa, “logo dunha fin de semana maratoniana de xuntanzas, os encontros entre as partes, fixeron que se aproximaran as posicións e se resolvera finalmente o conflito”.

Segundo informa Comisións Obreiras, hoxe luns, ás 20:00horas, someteuse o preacordo ao refrendo da plantilla restante de Ferrovial Servizos na segunda asemblea do día, logo de que, ao mediodía, na primeira asamblea, o apoio ao preacordo asinado onte, fora unánime (62 a favor, ninguna abstención e ningún voto en contra). Pola tarde, 104 votos a favor, ningunha abstención e ningún voto en contra.

Pilar González lembra que “a razón fundamental pola que convocamos mobilizacións e folga era a necesidade ineludible de incrementar recursos para racionalizar e equilibrar a excesiva e inasumible carga de traballo que tiñamos que acometer e que non podíamos por falta de persoal” e prosigue “pretendíamos tamén que a prestación deste servizo, tan esencial nun complexo hospitalario, o podamos realizar con garantías para a saúde e benestar de usuarios e pacientes

Artigos relacionados

Back to top button