SanidadeÚltima hora

Os traballadores de Ferrovial, concesionaria de limpeza do CHUO, inician as protestas

Os traballadores protestan pola “sobrecarga de traballo”, o aumento do ratio de metros a limpar e a falta de persoal, entre outras cousas

Hoxe, 23 de xaneiro, os traballadores de Ferrovial Servizos, empresa concesionaria da limpeza do CHUO, concentráronse, tal e como anunciaran a pasada semana, ás portas do Complexo ourensán. Na manifestación tamén estiveron representantes sindicais de Comisións Obreiras, CiG e UXT e persoal do propio CHUO.

A concentración foi convocada cara ás 10:00 horas para reivindicar a sobre carga de traballo por parte da concesionaria, a dispoñibilidade de efectivos mínimos “irrisorios” nas fins de semana e a ampliación unilateral de ratios en metros e servizos a limpar co mesmo cadro de persoal. Tamén reclaman que non se están a cubrir as baixas.

A concentración repetirase mañá, 24 de xaneiro, e os días 30 e 31. Asemade, a partires do día 5 de febreiro, comezarán coa folga indefinida.

Artigos relacionados

Back to top button