SanidadeÚltima hora

Os traballadores de mantemento do CHUO, contratados por Ferrovial, prevén convocar unha folga indefinida

Así o anunciaron dende a CIG nunha concentración ás portas do Complexo ourensán
Concentración dos traballadores de Mantemento de Ferrovial nas portas do CHUO. / Foto: Carlos Asensio.

Novo conflito entre os traballadores do CHUO coa empresa Ferrovial. Desta volta os encargados do servizo de Mantemento foron os que se concentraron na mañá de hoxe, 9 de febriero, ás portas do Complexo Ourensán despois de “estar en folga dende o pasado martes”, informou o secretario provincial de Industria da CIG, Indalecio Gómez.

Segundo resaltou, “estamos pedindo que se cumpra o convenio co servizo de mantemento”, en concreto especificou que “non se están a cumprir as compensacións económicas por traballar nas o sábado e o domingo” e reiteran que existe “falta de persoal nas fins de semana”, xa que para que eses días “só hai unha persoa para cubrir o CHUO e Piñor”.

Por todo isto, decidiron hoxe en asemblea convocar, posiblemente, a folga indefinida “xa que á empresa non se lle ven ganas de negociar”, asegurou.

Artigos relacionados

Back to top button