Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Os traballadores do HCV protestan polas medidas de conxelación salarial

A folga comezará ás 22 horas do 1 de novembro e rematará ás 22 horas do día 3

A entrada principal do hospital do Barco de Valdeorras volvía reunir aos traballadores que rexeitan “as medidas de conxelación salarial que aplica o Goberno galego na sanidade pública”. Ás 12h. do mércores 25 de outubro, os membros da Xunta de Persoal do HCV, ademais de traballadores deste centro, concentrábanse tras unha gran pancarta para lembrar que “os acordos hai que cumprilos!!”.

Con este acto “esixen” a negociación dunha serie de temas como un calendario de recuperación dos acordos laborais e retributivos suspendidos dende o ano 2010; a recuperación do 100% do complemento de incapacidade e dos acordos de retribucións no ámbito da Atención Primaria; a carreira profesional; ou o mantemento de todas as áreas sanitarias galegas actuais; entre outros.

A semana pasada avisaban de que no caso de que as súas reivindicacións non fosen atendidas, convocarían unha folga para os días 2 e 3 de novembro, e nesta nova concentración confirmaban a convocatoria, anunciando que “a folga comezará ás 22 horas do 1 de novembro e rematará ás 22 horas do 3 de novembro”. Ese mesmo día (venres 3 de novembro) haberá unha nova concentración ás 12 da mañá.

Ademais, adiantaron que o 8 de novembro retomaranse as concentracións en defensa da Área Sanitaria do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button