Os testemuños reais do día a día que rodea ás persoas con capacidades distintas recóllense no documental “Máis ca Vida” e “Vida”, o novo proxecto dirixido polo ourensán Rubén Riós. Os trailers deste traballo presentábanse o 16 de novembro nun acto enmarcado no programa do XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) e que se celebraba no Centro Ángel Valente de Ourense.
Neste acto estiveron presentes, ademais do propio director, a concelleira de cultura Belén Iglesias, César Silva, director de programación do Festival de Cine de Ourense, e o actor e actriz protagonista, Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro.