CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Os trepidantes ritmos folclóricos de Colombia e México poñen o broche ao programa das festas na Rúa

 

Despois de dous anos de ausencia pola pandemia e trala gala inaugural no Teatro Principal de Ourense, as XXXVII Xornadas de Folclore organizadas pola Deputación de Ourense chegaban á Rúa na noite do martes 9 de agosto, para poñer o broche ao programa das festas de verán.

E facíano coma sempre no Aguillón, ao aire libre, tras unha calurosísima xornada e cos trepidantes ritmos folcloricos de Colombia e México. Tamén estaba prevista a visita de Angola pero finalmente non pudo asistir.

 

 

Alí, diante dun numeroso e animado público, actuaban as dúas compañías con dous pases cada unha. A primeira era a Compañía Internacional de Danza Paipa de Colombia e despois facíao o grupo de Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya, de México cunha sobervia e divertida posta en escena.

Seguindo en Valdeorras, o día 15 de agosto, as xornadas chegarán ao Barco de Valdeorras coas actuacións das compañías de Costa de Marfil, Indonesia e Chile.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button